Participar - www.moteiros.com

Participar

Boas!.

Comezado como proxecto persoal, e vendo o interese da comunidade polo contido proporcionado na plataforma, vos convido a participar do proxecto.

Esta páxina ven solucionar o problema da descentralización da información, que existe no referente os clubes de moteiros de Galicia (ubicacións, rutas, contacto, eventos,...).

Se eres un clube de referencia na zona (ou estás a selo), dámosche a  posibilidade de que publiques os teus eventos nesta páxina como "editor colaborador". Deste xeito poderedes publicar vos mesmos artígos e eventos do voso clube.

A diferenza cos perfís de Facebook e resto de redes, a información é máis volatil, xa que a xente, as veces nin sequera está subscrito. Podedes ter 14.000 usuarios e só 20 particitantes e xeneradores de "posts" que van desapadecendo en un par de horas... A xente cansase de buscar algo de interese dentro de tanto rebumbio.

Para solucionar este problema, están as páxinas webs (máis estáticas) que non todos os clubes poseen ou teñen tempo a manter. Os eventos están ahí nas webs fixas para consultar (fixos) cando se precise, e ademáis poden ser enlazados por periódicos e medios de comunicación, cousa que non se pode facer en Facebook, xa que é preciso ter conta para leer o publicado.

Se queres colaborar como redactor contribuidor e facer o teu clube más visible no mapa, participa na nosa plataforma.

Estes son os requisitos:

Requisitos

1 - Ter ubicación no MAPA

Solicita a entrada previa ó mapa dende http://rexistro.moteiros.com para poder facer una ficha do clube ou grupo. Indica correctamente os datos de contacto e verificaremos os datos ponéndonos en contacto con vos (mandaremos msg por facebook ou correo). 
Dende esta páxina, estamos a favor dos clubes "físicos" en lugar dos virtuáis, xa que fomentan o compañerismo e axuda entre os seus compoñentes. 
A ubicación no mapa, facilita o contacto dun interesado local a formar parte do grupo (clube). Non tendes excusa para marcar unha sede física local (falade cun bar, que ubicaremos no mapa que se beneficiará de estar no mapa como "bar moteiro" da zona) para o resto de moteiros de Galicia. Deste xeito fomentaremos de novo a aparición de clubes locais.

2- Conta de Gmail.

Unha conta de gmail persoal ou do clube (preferible). A plataforma básase en aprobeitar os recursos gratuitos da Rede, polo que se decidiu polo sistema de Blogger para que todos teñan a mesma facilidade de colaboración, xa que se pode enviar contido dende móvil, pc ou tablet. Por iso a conta debe ser de Gmail (podes facer unha gratis).

3 - Solicitar rexistro

Escríbenos a través do formulario de contacto ou na dirección contacto@moteiros.com indicando nome do clube, datos de contacto (ubicación e redes),  contando algo da historia do clube que queirades incluir na vosa ficha (faremos unha ficha por clube). Deste xeiro ampliaremos os datos facilitados no formulario e os correxiremos se a aportación enviada por outro usuario non é correcta.

4 - Contido

Só se publicará "contido de calidade". Unha entrevista a algún compañeiro veterano, convocatoria dun evento (concentración) ou temas de mecánica (falar dunha moto, temas de mantemento dalgún modelo, etc). Cando poidamos, facilitaremos o tema de videos.
O contido non pode ser de terceros. Non publiquedes videos ou texto que non sexa da vosa creación por temas de dereitos de autor.
Se facedes saidas habituais, comentade na ficha "saimos todos os sábados as 10:00 dende a rua..."

COMO FUNCIONA

Poderedes publicar instantaneamente os contidos accedendo a www.blogger.com despóis de ser autorizada como creador de contidos.

Poderedes crear e correxir os artigos publicados de forma moi sinxela:


O resto de editores, non poderán manipular os teus artigos (so poden manipular os seus):




LIMITACIÓN


Estamos suxeitos ás capacidades dos servidores gratuitos (neste cado de Google), sen envargo, hai trucos para aumetar o volume de datos almacenados, como por exemplo, colgar imaxes fora da páxina facendo ligazóns, ou facendo links de descarga contra Mega). Todas esas lerias corren da miña conta, pois podo axudaros a facer todo iso se queredes aprender e colaborar coa plataforma, pero tende en conta que o ser gratuito o sistema, non teño o control total sobre os datos (gardade sempre vos algúna copia do que mandedes). Sen embargo, penso que o proxecto merece a pena, pois para vos, nalgún caso, simplemente se trata de facer copia pega, pero para o resto que estarán a mirar, será contido agradecido.

Por ultimo

Se o contido e o traballo invertido crees que vale a pena, xa me podedes saudar cando vos crucedes comigo ou invitar a asistir a un evento que organicedes  (incluide unha cervexa 0.0, por non pedir un auga, xa que non tomo alcohol ;-) ). Se podo, asistirei coa miña pequena e farei o meu propio artigo do evento.

Un saudo, e agardo que o proxecto sexa de utilidade para tod@s.



MOTOXEADA 2024

 Fonte da Cova 13 14 15 de Diciembre